Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hospitalizado un menor rescatado da auga inconsciente en Ponte Sampaio, Pontevedra

Hospitalizado un menor rescatado da auga inconsciente en Ponte Sampaio, Pontevedra

Foi un socorrista o que rescatou o rapaz na praia fluvial de Ponte Sampaio e avisaron o 112 contra as 13 horas da tarde deste sábado

O socorrista que o rescatou estivo a facerlle manobras de reanimación ata que chegou o 061

Os sanitarios seguiron coas manobras e conseguiron reanimalo e posteriormente foi trasladado ao hospital Montecelo de Pontevedra

Hospital Montecelo de Pontevedra. Foto: Arquivo Hospital Montecelo de Pontevedra. Foto: Arquivo
G24.gal 23/08/2025 17:48

Os sanitarios estabilizaron e trasladaron ao hospital Montecelo un menor que foi rescatado da auga en estado inconsciente na praia fluvial de Ponte Sampaio (Pontevedra).

O 112 Galicia, que informou deste suceso, recibiu un aviso pasada a unha desta tarde sobre un menor ao que a socorrista sacara da auga en estado inconsciente e estáballe practicando unha masaxe cardíaca.

Con esta información, os xestores de Emerxencias solicitaron a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como dos axentes da Policía local e da Policía Nacional.

Á súa chegada, o equipo médico seguiu coas tarefas de reanimación ata que conseguiron estabilizar o menor e trasladalo ao hospital de Montecelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade