Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os tomates da "Horta das cores" gañan presenza nos restaurantes máis exclusivos de Santiago

Os tomates da "Horta das cores" gañan presenza nos restaurantes máis exclusivos de Santiago

 O santiagués, Roberto Couto comezou hai máis dunha década a buscar sementes de tomates procendentes de todo o mundo que cultiva de xeito ecolóxico

Conta con medio cento de variedades e a maior parte da súa colleita véndea en establecementos de hostalería

Produce cen quilos de tomates á semana

G24.gal 23/08/2025 16:07

"Hai moitas variedades dos Estados Unidos, algunha de Austria, Polonia, Rusia e o Xapón.", di Roberto Couto.



No seu horto en Santiago medran 500 tomateiras de 50 variedades que foi conseguindo ao longo de máis dunha década de dedicación. A maioría das plantas están nos seus catro invernadoiros pero tamén experimenta ao aire libre.

 

"Empecei a recompilar sementes de distintas partes do mundo, facendo a miña propia colección. Non é que a miña intención sexa ter un récord Guiness de variedades, todo o contrario, ter algunhas variedades que me gusten e conservar esas variedades. Eu en sementes podo ter setenta variedades, este ano puxen cincuenta pensaba poñer moitas menos pero así empezou o tema", comenta.

 

O interese polos tomates prendeu neste enfermeiro compostelán cunha sementes da variedade laranxa de Bélxica que lle regalaron. Formouse de xeito autodicta no cultivo ecolóxico e nos coidados que necesitan as súas tomaterias, entre elas, a máis preciada do mercado.



"Este é un tomate xaponés que se chama Amela, cando está maduro ten un sabor moi cítrico, moi afrutado,  que case non recorda un tomate. o característico deste é que é o máis caro do mercado pero para gustos...", explica Roberto.



Este ano di que a colleita vai ben. Recolle uns cen quilos á semana que el mesmo distribúe en restaurantes da cidade.

"Animáronme a seguir con este proxecto e co boca a boca fóronse interesando máis establecementos", di.



Na próxima sementeira , este horticultor afeccionado quere moderar a plantación pero nunca se sabe porque comezou tamén a experimentar con pementos. Toda a información desta aventura na terra está tamén en Instagam en   "A horta das cores" 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade