Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un coche atropela dúas persoas nunha protesta en Cangas e dáse á fuga

Un coche atropela dúas persoas nunha protesta en Cangas e dáse á fuga

Os atropelados, unha muller de 71 anos e un home de 60, teñen feridas "de diversa consideración"

O coche deuse á fuga e aínda non foi localizado pola Garda Civil

G24.gal 23/08/2025 19:06 Última actualización 23/08/2025 19:23

Un coche atropelou este sábado dúas persoas que participaban nunha protesta por melloras sanitarias en Cangas, Pontevedra, e despois deuse á fuga. As vítimas presentan "feridas de diversa consideración".

O suceso produciuse na estrada EP-1005, na localidade do Hío, cando un grupo de persoas participaba nunha protesta para esixir melloras no centro de saúde de Aldán e O Hío, segundo confirmou a Garda Civil.

Cando ían cruzar o paso de peóns, un coche parou e deixounos pasar, e de súpeto emprendeu a marcha e levou por diante dúas persoas.

Os atropelados, unha muller de 71 anos e un home de 60, teñen feridas "de diversa consideración". O home, cunha posible rotura ósea, foi evacuado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

O coche deuse á fuga e aínda non foi localizado pola Garda Civil. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade