Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha corentena de aloidadores e aloitadoras xúntanse no curro de Carballo para a rapa

Unha corentena de aloidadores e aloitadoras xúntanse no curro de Carballo para a rapa

A diferenza doutras rapas, na de Friol ós animais pónselles o chip, sanéanse e córtanselles as crinas, pero non se marcan con nitróxeno para evitarlles maior estrés e dor

G24.gal 27/07/2025 13:35

Hai una anos que os gandeiros da parroquia de Carballo, en Friol, subiron gando equino ao monte que teñen en man común. Foi a partir do 2008 que dicidiron facer unha rapa das bestas. Este ano celébrase a décimo sexta edición e en total baixaron do monte uns sesenta animais para metelos no curro, onde se lles cortan as crinas ás bestas e aos cabalos. Tamén se sanean e pónselles o chip obrigatorio aos animais que non o teñen.

A diferenza doutras rapas, nesta os animais non sufren a marcaxe con nitróxeno líquido "para evitarlles maior estrés e dor", segundo nos comentou Ángel Buján, o presidente da comunidade de montes de Carballo. "Para nosoutros os cabalos son amigos", engadiu.

No curro xuntáronse unha corentena de aloitadores e aloitadoras, parte deles de fóra do concello de Friol.

Despois de acabar a rapa, os animais vólvense para o monte, onde viven ceibos durante o resto do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade