Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortan o tráfico na estrada de Xoane, en Ferrol, para esixir que amañen unha fochanca

Cortan o tráfico na estrada de Xoane, en Ferrol, para esixir que amañen unha fochanca

Os prexudicados din que levan máis de catro meses incomunicados

G24.gal 11/11/2025 14:02

Desesperados e incomunicados, así din estar os veciños da vía o Camiño do Sarxento.

"Estamos incomunicados. Aquí non pode vir un taxi nin o butano".

Contan que levan así desde comezos do verán que foi cando se formou esta fochanca de grandes dimensións.

"Todo comezou cando caeu todo para abaixo porque rebentou unha tubaxe".

Mesmo contan que neste tempo xa hai que dar conta de danos persoais.

"Eu caín aí porque taparon a fochanca cun plástico e, un día de vento saíu voando, esvarei nel e caín. Comecei  a sangrar".

Fartos da situación, para facerse escoitar, decidiron cortar a estrada principal de Xoane durante media hora, todos os días.

"Ata que o amañen non imos parar. Temos permiso ata o 5 de decembro. Así que cortaremos todos os días de 13:30 a 14:00".

Desde o Concello de Ferrol informáronnos de que está previsto que este mércores comecen as obras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade