Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reábrese ao tráfico a A-52 tras o incendio dun camión en Trasmiras

Reábrese ao tráfico a A-52 tras o incendio dun camión en Trasmiras

O treito afectado permaneceu pechado máis de doce horas

O lume xa fora extinguido e non se rexistraran feridos

O camión transportaba uns 270 motores desde Francia cara Vigo

G24.gal 29/11/2025 09:31 Última actualización 29/11/2025 18:14

A autovía A-52 recuperou o tráfico ao seu paso por Vila de Rei, en Trasmiras, entre os quilómetros 173 e 181, en sentido Vigo, tras o incendio dun camión que transportaba uns 270 motores.

O lume xa fora extinguido e non se rexistraron persoas feridas. O 112 Galicia recibiu o aviso ás 04:50 horas, a través da chamada dun particular que alertou da presenza do vehículo en chamas.

Tras a comunicación, foron informados do ocorrido os Bombeiros de Xinzo e de Verín, e mais os axentes da Garda Civil.

Aínda que o incendio do camión estaba xa apagado e parte dos equipos de emerxencia deron por finalizada a súa intervención, a A-52 permaneceu cortada ao tráfico no tramo afectado durante máis de nove horas.

O tráfico restableceuse ás 17:45 horas desta tarde. Polo momento, segundo informa a Garda Civil, o carril esquerdo da estrada xa permanece aberto á circulación. Pola súa banda, o carril dereito continúa pechado mentres se realizan os traballos de limpeza na vía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade