A chuvia das últimas semanas provocou unha fochanca na calzada en Pontevedra
A rotura dunha tubaxe de augas pluviais fixo que cedera o firme
Mentres dure a reparación da avaría o tráfico estará restrinxido e regulado por semáforos
A fochanca apareceu na calzada, á altura do número 15 da rúa pontevedresa de Médico Ballina. Cren que rebentou a tubaxe de pluviais porque non aguantou a cantidade de auga que levaba polas chuvias das últimas semanas. As filtracións fixeron que cedera a estrada.
O tráfico estivo interrompido durante as primeiras horas. Agora mantense, nos dous sentidos, pero regulado por semáforos.
Dende o Concello recomendan que a entrada e saída pola cidade sexa pola avenida de Compostela, mentres duren os traballos que a concesionaria Viaqua acomete en Médico Ballina para reparar a tubaxe e restablecer o firme.