As peaxes da AP-9 subirán en xaneiro máis dun 4 %
A asociación de usuarios En Colectivo pídelle ao Goberno que non aplique a suba por considerar que se asenta sobre unha prórroga ilegal da concesión
Circular pola autoestrada que vertebra Galicia de norte a sur vainos saír máis caro a partir de xaneiro. Unha suba que todo apunta que vai superar o 4 %.
"Estableceuse como consecuencia das obras da ponte de Rande que a peaxe encarecería durante 20 anos no IPC máis un punto. Isto é unha burrada. Non pode ser que Vigo-Pontevedra supere os cinco euros", explica Diego Maraña, portavoz de En Colectivo.
E o treito completo entre Ferrol e Tui situaríase nos 28 euros. Os transportistas botan contas. "Se sobre un pouco máis vai ser moito o que teñamos que axustar".
A asociación de usuarios En Colectivo pídelle ao Goberno que non aplique a suba.
"Que pare esta sangría. Máis cando o Goberno é coñecedor que hai un ditame motivado da Unión Europea que establece como ilegal a ampliación da concesión", reclama o seu portavoz.
As tarifas definitivas coñececeranse o próximo mes de decembro.