Publicador de contidos

Publicador de contidos

A autovía da Costa da Morte prevé iniciar en 2026 as obras para a súa ampliación

A autovía da Costa da Morte prevé iniciar en 2026 as obras para a súa ampliación

O Consello da Xunta aprobou o proxecto para construír 5,5 novos quilómetros e chegar ata a estrada que une Vimianzo con Camariñas

G24.gal 11/11/2025 13:46

O Consello da Xunta aprobou este martes o proxecto definitivo para ampliar en 5,5 quilómetros a autovía da Costa da Morte ata estrada AC-432 que comunica Vimianzo con Camariñas.

En total vanse investir 36,1 millóns de euros na construción de treito e está previsto que as obras se inicien no próximo ano 2026. O presidente da Xunta destacou a importancia desta infraestrutura "que usan a diario máis de 6.000 vehículos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade