Publicador de contidos

Publicador de contidos

A importancia do terreo na elaboración do viño centran unhas xornadas en Quiroga

A importancia do terreo na elaboración do viño centran unhas xornadas en Quiroga

O encontro inclúe unha visita a Montefurado, onde os romanos extraían ouro, o que configurou unha paisaxe moi determinante na zona

 

G24.gal 15/06/2025 15:12

Os romanos explotaban estas terras para a obtención de ouro. Falamos de Montefurado, no concello lucense de Quiroga. Hoxe, nesta zona estanse a recuperar viñedos que destacan pola súa personalidade.  Manifesta a sumiller Mónica Rosón que os viños desta zona "pola súa riqueza en lousa e minerais teñen moita frescura", entre outras peculiaridades. Pola súa banda, o doutor en Arqueoloxía Luis Francisco López, refire que a mina "deu lugar a esta paisaxe".

Unhas xornadas sobre o viño fan fincapé na importancia deste vínculo co terreo. O viticultor Víctor Aira indica que "están poñendo en valor a zona porque non é moi coñecida" e Juan Luis Vázquez, da asociación Quiroga en Marcha, organizadora deste encontro sobre o viño expresa que "se hai un pobo como Montefurado que está producindo uva de moi alta calidade, que se saiba"

Clima, terreo e uva que se saborean en forma de viño. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade