Publicador de contidos

Publicador de contidos

A chuvia e a humidade estragan a igrexa de Campo Lameiro

A chuvia e a humidade estragan a igrexa de Campo Lameiro

O templo, que garda no seu interior un importante patrimonio cultural, precisa dunha reparación integral da cuberta

A humidade esténdese polas paredes da igrexa de Campo Lameiro, como amosa a imaxe do templo este martes
G24.gal 03/06/2025 14:23

Unha acacia medrando no alto do tellado é a primeira anomalía que se observa nada máis mirar a parte alta da igrexa de Campo Lameiro. Cando o sancristán abre as portas, xa se perciben os efectos das filtracións de auga e a humidade que o inunda todo, como explica Manuel, quen salienta que estiveron de visita persoal da Xunta e do Arcebispado e que seguen á espera de solución.

Ante este panorama, subindo ao campanario observase o estado dunha cuberta que explica o porqué de tanta humidade que non hai deshumidificador que a resista. Á parte da incomodidade ambiental, freguesas e fregueses non se senten moi seguros dentro. Explícao Pilar García, a campaneira.

O templo, cunha ábsida datada no século XII, precisa unha reparación total da cuberta. Mentres tanto presenta un risco importante que o sancristán trata de eludir como pode para retirar a auga do cadro eléctrico.

Este ambiente tamén acrecenta o temor a que se perdan de todo as pinturas históricas que tapa o retablo do altar maior.

O párroco, que este martes estaba lonxe de Campo Lameiro, segue a facer xestións para conseguir os cartos que a parroquia non pode achegar para custear a reparación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade