Publicador de contidos

Publicador de contidos

Consulta aquí os horarios dos trens que Renfe modificará en Galicia a partir do 9 de xuño

Consulta aquí os horarios dos trens que Renfe modificará en Galicia a partir do 9 de xuño

Os servizos afectados son das liñas entre A Coruña e Vigo; Ferrol e Ourense e entre Ourense e Lugo

G24.gal 23/05/2025 15:57

Renfe modificará a partir do 9 de xuño os horarios dalgúns servizos que conectan A Coruña con Vigo, Ferrol con Ourense e entre Ourense e Lugo. A compañía explicou nun comunicado que, coa "reorganización dalgúns horarios" de trens Rexionais, Avant e Media Distancia, "facilita a mobilidade" en Galicia, así como a conexión con trens de AVE e Avlo de Galicia con Madrid.

Os usuarios poden consultar os novos horarios nas canles oficiais de información de Renfe e xa á venda. Ademais, a compañía recomenda aos viaxeiros consultar os horarios actualizados antes de viaxar.

Desta forma, os servizos que cambian o seu horario son:

MD 9112 Vigo Urzáiz-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 10:35 horas (actual 10:45 h) 

MD 9172 Vigo Urzáiz-A Coruña, cambia ás 17.35 horas (actual 17:30 h)

MD 9192 Vigo Urzáiz-A Coruña, ás 19:26 horas (actual 19:25 h) 

REG 12421 A Coruña-Vigo Guixar, cambia ás 09:39 horas (actual 09:32 h) 

REG 12431 A Coruña-Vigo Guixar, sairá ás 15:39 horas (actual 15:50 h)

REG 12526 Vigo Guixar-A Coruña, cambia o horario de saída ás 09:15 horas (actual 09:06 h) 

Avant 9120 Ourense-A Coruña, cambia ás 12:40 horas (actual 12:30 h)

Avant 9131 A Coruña-Ourense, sairá ás 13:35 horas (actual 13:25 h)

MD 12646 Ourense-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 19:50 horas (actual 19:40 h)

Avant 9051 A Coruña-Ourense, cambia a saída ás 05:14 horas (actual 05:08 h)

Avant 9230 Ourense-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 22:45 (actual 23:00 h)

MD 12680 A Coruña-Ferrol, sairá ás 07:30 horas (actual 06:35 h)

MD 12682 A Coruña-Ferrol, modifica o seu horario de saída ás 12:40 horas (actual 12:05 h) 

MD 12681 Ferrol-A Coruña, modifica o seu horario de saída ás 09:10 horas (actual 08:40 h)

MD 12683 Ferrol-A Coruña, cambia o seu horario ás 15:15 horas (actual 14.40 h)

MD 12694 Ourense-Lugo, sairá ás 12:32 horas (actual 12:35 h)

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade