Os galegos son os que máis cartos dedican á compra de pan de toda España
Ao ano invisten 860 euros neste produto básico, que ademais é moi recoñecido polo seu sabor e a súa elaboración tradicional
A calidade do pan galego está fóra de dúbida. É por iso que en Galicia é onde máis cartos se destinan a este produto?
Asegura o propietario dunha cadea de panaderías en Lugo, Ángel Lameiro, que "aquí seguimos facendo un pan como se facía sempre, con fariña, auga, lévedo e sal, sen aditivos".
En Galicia, ao ano dedicamos case 900 euros á compra de pan, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística.
O de trigo e o mesturado con centeo son os máis demandados.
Varios consumidores indican as súas preferencias: hai quen non pode consumilo ao ter intolerancia, outra persoa manifesta que só o toma integral por indicación médica e un terceiro asegura que "consumimos todo tipo de pan, de centeo, mesturado. Na casa tamén se cocía pan e é o mellor que teño probado na miña vida".