Publicador de contidos

Publicador de contidos

Operación encher a neveira: a fin das vacacións concentra o 20 % das compras de alimentos

Operación encher a neveira: a fin das vacacións concentra o 20 % das compras de alimentos

O regreso á casa da xente que pasa o verán fóra dispara o gasto nos supermercados

A venda de legumes aumenta un 43 %; a de mazás, un 39 %, e a de iogures, un 10 %

G24.gal 28/08/2025 14:46

As caixas asubían, as básculas pían. Soa a melodía da fin das vacacións. O regreso a casa da xente que pasa o verán fóra dispara a actividade no sector de alimentación. A Asociación Española de Distribuidores, Autoservizos e Supermercados asegura que o vinte por cento do gasto do ano se concentra nos días de mudanza das zonas de campo e praia ás vilas e cidades. Chámanlle operación Despensa porque para moitos é o momento de volver encher os armarios e, sobre todo, a neveira, porque a xente demanda produtos frescos. É unha realidade que pode sentirse esta semana en moitos supermercados.

"Que remedio!", di un home que sae co carro cheo ata arriba dun supermercado de Vigo. "Somos cinco na casa e non queda outra que volver encher o que non temos".

"Si, cando voltas de vacacións tes que repoñer a neveira porque cando marchas procuras non deixar cousas perecedoiras", conta outra clienta.

O principal obxectivo da operación Despensa son os produtos frescos. Segundo as empresas, nesta época aumenta un 10 % a venda de iogures; un 39 % a de mazás e ata un 43 % a de legumes. Moitos, se cadra, xa están pensando nas receitas de outono.

E todo un chisco máis caro. O último dato do IPC di que a compra básica subiu un 2,7% no último ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade