Cargando resultados...
Detido un veciño do Pino como presunto autor de catro incendios forestais
Un deles supuxo un grave risco para as persoas, xa que se declarou preto de casas habitadas

G24.gal
28/08/2025 13:20
A Garda Civil, en colaboración, co Servizo de Protección da Natureza, detivo un home como presunto autor de catro delitos de incendio forestal.
A investigación comezou tras o foco declarado o pasado día 25 de xullo no lugar de Samil-Castrofeito, no Pino.
No transcurso da mesma producíronse outros tres incendios, os días 5, 8 e 13. O primeiro supuxo un grave risco para as persoas, xa que se localizou nas proximidades de vivendas habitadas.
Os gardas civís lograron identificar o presunto autor e procederon á súa detención. Foi posto xa á disposición do Xulgado de Instrución de garda de Arzúa.