Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dezaseis detidos, dous en Galicia, por distribuír miles de arquivos de pornografía infantil

Dezaseis detidos, dous en Galicia, por distribuír miles de arquivos de pornografía infantil

Dous dos arrestados, un deles de Lugo, ingresaron en prisión

O material comisado contiña graves agresións sexuais a menores de idade

Arquivo/Policía Nacional Arquivo/Policía Nacional
G24.gal 28/08/2025 11:08

A Policía Nacional detivo 16 persoas e investiga outras 5 por posesión e distribución de pornografía infantil. Foi nunha operación desenvolvida en doce provincias españolas, entre elas, Lugo e Pontevedra. A policía interveu miles de arquivos de imaxe e vídeo que contiñan graves agresións sexuais a menores de idade.

Entre os arrestados destacan un profesor de secundaria en Barcelona e o presunto responsable da distribución de máis de 85.000 arquivos de menores, un veciño de Xirona que fotografaba as vítimas desde o seu domicilio cando estaban no patio do colexio.

Dous dos detidos, interceptados en Cáceres e Lugo, ingresaron xa en prisión provisional. Hai ademais cinco persoas investigadas en Madrid, Navarra e Valladolid.

A investigación efectuouse en colaboración con corpos policiais internacionais.  As pescudas comezaron cando os axentes da Unidade Central de Ciberdelincuencia detectaron o intercambio de material ilícito entre distintas persoas a través de redes Peer To Peer (P2P).

A Policía Nacional chama á colaboración cidadá para a posible identificación de máis persoas implicadas nestes feitos, e insta a que todo aquel que teña información sobre a existencia da difusión, tenencia e almacenamento de pornografía infantil comuníqueo, de forma totalmente anónima e confidencial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade