Publicador de contidos

Publicador de contidos

Voluntarios levan auga e comida ás zonas queimadas en Carballeda de Avia

Voluntarios levan auga e comida ás zonas queimadas en Carballeda de Avia

Un grupo de veciños comezou a recoller alimentos para levárllelos aos animais dos montes

Todos os alimentos non consumidos convértense en sementes que xerminan plantas novas 

G24.gal 28/08/2025 14:28

Unha das grandes consecuencias que deixan tras de si os incendios está na fauna e na flora, que quedan queimadas por completo. O lume arrasa toda a vexetación ao seu paso, facendo que os animais teñan que agocharse.

Así é que en Carballeda de Avia apareceu un grupo de persoas que se encarga de levar auga e alimentos ao monte para dar de comer aos animais que vivían nos montes afectados polos incendios.

"Chamáronnos dunha canteira dun lugar do lado que os obreiros estanlles dando o pan dos bocadillos aos coellos en lugar de comelo eles e chamáronnos para ver se lles podiamos acercar herba", dixo Santiago, un dos voluntarios.

Estes veciños comezaron a recoller alimentos no pobo para levalos ás zonas queimadas polas tardes, movemento ao que se sumaron decenas de veciños. Tamén lles levan auga a bebedoiros que enchen de auga todos os días. 

"Compartimos nas redes sociais se alguén tiña pan ou algún froito dos que caen nas hortas, que o trouxesen porque os íamos ir levando pouco a pouco", comenta Ainhoa, outra voluntaria.

O resultado foi excelente, pois xa comeza a haber pegadas de xabarís, corzos e raposos que chegan ao monte buscando alimento. Esta é a mellor maneira para ir recuperando o monte.

Ademais, todo o alimento que non se consume serve para repoboar a flora, pois estes quedan no chan, convértense en sementes e poderán xerminar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade