O traxecto Intercity Lugo-Ourense farase por estrada dende este martes polas obras
As obras da estación de Lugo impiden a correcta prestación do servizo
Renfe ofrece a alternativa e comunica que as obras poden afectar os traxectos puntualmente

Renfe comunicou que modifica o servizo Intercity que realiza o traxecto Lugo-Ourense temporalmente. O servizo ten saída ás 18:30 horas e enlaza en Ourense cun servizo AVE que vai destino Madrid. Cubrirase por estrada dende o 1 de xullo.
Segundo unha nota de prensa da compañía, a adaptación provisional realízase por un axuste da compañía ás limitacións operativas que provocan os traballos de Adif da estación lucense.
Nesta liña, explicou que as fases do proxecto poden afectar puntualmente á prestación normal do servizo, polo que, para garantir a continuidade do servizo que conecta co AVE en Ourense, estableceron esta alternativa por estrada.
Así, Renfe lembrou aos pasaxeiros que en traxectos por estrada non se permite o transporte de animais de compañía nin bicicletas.