Publicador de contidos

Publicador de contidos

Así son os novos bonos de Renfe tras a fin da gratuidade

Así son os novos bonos de Renfe tras a fin da gratuidade

Os novos bonos de Media Distancia ofrecen un desconto do 70 % nas viaxes

Tamén existen os bonos de 10 viaxes, cuxo desconto será do 40 %

Os Avant manterán a rebaixa do 50 %

G24.gal 23/06/2025 11:34

Renfe poñerá á venta os novos bonos mensuais de Media Distancia, que contarán cun 70 % de desconto, e os bonos de 10 viaxes, cun 40 % de desconto. Estes bonos serán válidos dende o 1 de xullo deste ano ata o 31 de decembro do mesmo.

Segundo a información publicada pola compañía, os bonos mensuais de Media Distancia son válidos sempre no mesmo traxecto, e terán un 50 % de desconto para as persoas que naceran entre o 1999 e o 2010, ambos incluídos. Os rapaces de 14 anos ou menos viaxarán gratis.

A efectos prácticos, o desconto nos mozos será do 70 %, posto que o 50 % aplícase sobre o bono xa descontado para o resto dos usuarios do 40 %. No caso do bono de 10 viaxes, o desconto será único para todos os usuarios, o 40 %, a excepción dos menores de 14 anos, que viaxarán gratis.

Así, as viaxes entre A Coruña e Vigo sairían en 204,65 € co bono mensual de Media Distancia, 102,35 € no caso dos mozos e o bono 10 sairía en 64,45 €.

No caso de viaxar dende A Coruña a Santiago de Compostela serían 90,30 € o mensual, 45,15 € para os mozos e o bono 10 fíxase en 27,35 € totais.

Para aqueles que viaxen dende Santiago a Vigo terán que pagar 139,40 € para o bono mensual, 69,70 € se son mozos e 41,50 € para obter o bono de 10 viaxes.

No caso dos viaxeiros dende Santiago a Ourense sairalles o bono mensual en 163,05 €, que serían 81,55 € co desconto de novo, e o bono 10 quedaría en 48,55 €.

Por último, no caso de viaxar da Coruña a Ourense o bono mensual tería un custo de 261,05 €, o mensual de mozos custaría 130,55 e o bono 10, 93,25 €. 

Como condición destacable, os bonos mensuais teñen unha duración de 1 mes sen límite de viaxes, e no caso dos bonos de 10 viaxes, a duración de troco dos viaxes é dun ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade