Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Axencia Espacial Española alerta de posibles anomalías por unha intensa actividade solar

A Axencia Espacial Española alerta de posibles anomalías por unha intensa actividade solar

Alerta de posibles efectos e alteracións en redes eléctricas e navegación por satélite, entre outros sistemas

Indican unha alta probabilidade de que a actividade volva intensificarse nas próximas 24 horas

Imaxe da actividade solar da Axencia Espacial Española. Goberno de España Imaxe da actividade solar da Axencia Espacial Española. Goberno de España
G24.gal 01/06/2025 22:51

A Axencia Espacial Española alertou de posibles efectos e alteracións en redes eléctricas e na navegación por satélite, entre outros sistemas, por unha intensa actividade solar rexistrada nas últimas horas.

Segundo explica na súa web, a intensa actividade deste domingo estivo causada por unha exección de masa coronal (CME) de alta velocidade, asociada a unha fulguración solar de clase M8.2 que impactou na magnetosfera terrestre durante a madrugada.

Este impacto alcanzou un índice xeomagnético Kp 8, nivel de tormenta severa, a escala que se utiliza para medir a actividade xeomagnética global, que se expresa en valores de 0 a 9.

"Actualmente, as condicións moderáronse lixeiramente, co Kp oscilando ao redor de 7,3", sinala o comunicado, "aínda que os modelos de predición indican unha alta probabilidade de que a actividade volva intensificarse nas próximas 24 horas".

Non se rexistraron de momento anomalías importantes. Este tipo de fenómenos pode provocar alteracións en redes eléctricas de alta latitude, perturbacións en comunicacións por radio de alta frecuencia, posibles erros temporais en sistemas de navegación por satélite e efectos transitorios en satélites en órbitas baixas debido ao incremento da densidade termosférica.

Tendo en conta esta situación, a Axencia Espacial Española recomendou aos operadores de infraestrutura espacial e terrestre manter a vixilancia e actualizar as previsións cos datos máis recentes das axencias internacionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos