Publicador de contidos

Publicador de contidos

O bonito do norte empeza a abundar nas peixerías e vai máis barato

O bonito do norte empeza a abundar nas peixerías e vai máis barato

Os primeiros bonitos sempre van mais caros. Esta semana foi importante a baixada de prezos nas peixerías.

Un produto moi versátil co que se poden facer moitas receitas frescas para o verán
 

Bonito do norte, etiquetado en Burela, nunha peixería da praza de abastos de Lugo
G24.gal 27/06/2025 14:09

A costeira do bonito este ano botou a andar antes do habitual. As primeiras descargas no porto de Burela foron a mediados de maio e é agora cando os prezos nas peixerías empezan a baixar. 

"Toda a semana houbo un bonito moi bo, excepcional, porque baixou moito o prezo" comenta Soledad González, que ten unha peixería na praza de abastos de Lugo. Ela véndeo hoxe a 16,9 euros ao corte, pero recorda que chegou a estar a 26. A 18 véndeo Manuel Florez no seu posto do mercado de Quiroga Ballesteros, "un prezo normal".

O bonito do norte é un produto moi valorado do que destaca a súa excelente calidade. 

"O bonito é un clásico neste tempo, é unha marabilla", sostén unha clienta. Outra engade: "Gústame moito, ademais así ao natural é francamente estupendo, unha comida das boas". 

Tamén é moi versátil e pódose cociñar de moitas maneiras: á grella, en salpicón, en guiso... "A min gústame encebolado, está máis zumento", di unha compradora. Outra vaino cociñar con tomate, e hai quen vai utilizalo na ensalada.

Outra opción é facelo en conserva. "Dentro dunha semanas a xente xa quere preparar para enlatar". A partir de mediados de agosto chegarán exemplares máis grandes, de quince ou vinte quilos, para poñelos en conserva.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade