Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os primeiros barcos da costeira do bonito regresan dez días antes do habitual

Os primeiros barcos da costeira do bonito regresan dez días antes do habitual

A lonxa de Burela acolleu esta semana a primeira poxa desta tempada

G24.gal 24/05/2025 20:51 Última actualización 24/05/2025 21:34

A costeira do bonito botou a andar antes do habitual e os barcos comezan a chegar a porto coas primeiras descargas. Burela, un dos principais portos de referencia desta especie, quenta o ambiente na lonxa.  

O presidente dos armadores, Miguel Neira, confía en que no mes de xuño as poxas se regularicen e o movemento máis intenso se concentre en xullo e agosto.

Ata o ano pasado no porto de Burela estaban afeitos a que os primeiros bonitos chegaran a principios de xuño, pero xa o ano pasado ruláronse o 26 de maio, e este ano a poxa foi oito días antes.

O primeiro pesqueiro que volveu da costeira foi o pesqueiro Ramón Estefanía. Regresou tras 19 días no mar. Os 2.500 quilos que trouxo, vendéronse entre os 10,75 e os 14,40 euros o quilo, os máis grandes; e entre os 4,15 e os 5,80 euros o quilo, as pezas máis pequenas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade