Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escasea a nécora da ría nas lonxas e nos mercados

Escasea a nécora da ría nas lonxas e nos mercados

Sorprende que haxa tan poucas capturas, nun ano en que tamén escasea o polbo

A pequena véndese a partir de 30 euros e sobe ata 45 segundo o tamaño 

 O polbo pequeno vai a 15 euros e o de 1,5 a 2 quilos sobre 19 euros 

G24.gal 31/07/2026 15:18

Na hostalería seguen ofrecendo polbo da ría, pero a nécora xa nin figura en moitas cartas, malia que hai un mes que se abriu a veda. Nos mercados custa atopala porque din que hai días que non hai oferta nas lonxas, quizais pola calor e a falta de temporais que revolvan o mar, din os veteranos do sector. 

Esa falta de oferta repercute nos prezos. A nécora máis pequena véndese a partir de 30 euros e vai subindo ata 45 segundo o tamaño. 

O polbo de 1,5 quilos vai a 15 euros e o de 1,5 a 2 quilos oscila entre 18 e 19 euros. 

O que sorprende entre os veteranos do sector é que coincidan a un tempo a escaseza de nécora e de polbo. 

De momento confían en que aínda se poidan acabar animando as capturas, sobre todo se hai algún cambio de tempo, e que se poida disfrutar de nécora da ría en abundacia nos meses de "r" que din que é cando ten a mellor época. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade