Cargando resultados...
O sector forestal advirte de que as pragas causarán desabastecemento de piñeiro nunha década
O sector madeireiro estima que ao ritmo actual de produción faltará materia prima en dez anos
As enfermidades frean o crecemento das masas de piñeiro
Beatriz Sánchez
03/06/2025 14:30
Galicia é unha potencia forestal, serrando o 40 por cento da madeira de España, pero hai preocupación polo futuro.
As empresas madeireiras estiman que nunha década quedarán sen subministración estable da principal materia prima, o piñeiro.
As enfermidades minguan as masas forestais atacadas polas pragas da banda marrón na cornixa cantábrica e os nematodos no sur, que frean o crecemento das árbores.
A través da fundación Arume a industria dos serradoiros investiga as especies de coníferas resistentes ás pragas. Tamén urxe á Administración galega medidas fitosanitarias, como a fumigación controlada desde o aire con drons.