Drons que detectan pragas na foresta, anticipan a seca e comproban como van os tratamentos
Saber se as árbores teñen fungos ou comprobar o estrés hídrico son algunhas das aplicacións da intelixencia artificial incorporadas recentemente aos drons de control forestal
Poden desprazarse con facilidade e facer o seguimento dunha explotación forestal, grazas a voos periódicos e programados sobre unha plantación. O seu método, que vale para calquera especie, permite detectar problemas e localizalos en segmentos grazas a modelos de IA para o procesamento das imaxes sobre a foresta.
Explican que así ven se as árbores necesitan auga ou, tamén, como están a funcionar os tratamentos que lles dan para insectos ou fungos.
"Podes saber se está afectado por enfermidades, por pragas. É moito mais sinxelo programar un dron con cámaras multiespectrais ou térmicas que a instalación de sensores en moitas hectáreas de terreo", explica Jorge Rodríguez Meijide, da Unidade de Procesado e IA do CATEC.
As cámaras multiespectrais permiten detectar por exemplo se a árbore ten un problema sanitario e as térmicas a deshidratación, o que significa ademais que se pode saber as zonas ou plantacións máis sensibles aos incendios. Todo grazas aos algoritmos de procesado de imaxe dunha IA específica que desenvolveron os traballadores do Centro Tecnolóxico avanzado de aeroespaciais, do CATEC.

"Hai proxectos que buscan combinar a sensorización no chan e as imaxes desde arriba. Peor neste caso o que facemos é voar a unha altura constante para ter boa resolución, e ao solapas as imaxes e montar un ortomosaico podemos analizar este tipo de datos", di Miguel Sío, piloto de drons para CATEC.
O CATEC e o centro de investigación de Lourizán están a desenvolver en Frades un proxecto piloto de control forestal con este tipo de técnicas.