Ourense arranca o ano sen zona ORA tras 30 años vixente
Xa non hai que pagar para aparcar no centro
Os condutores alégranse de non ter que pagar, pero temen problemas de mobilidade na cidade pola falta de aparcadoiros
Este venres dous de xaneiro é o primeiro día laborable en que xa non hai que pagar para aparcar no centro de Ourense. Unha decisión que tomou o alcalde Gonzalo Pérez Jácome despois de tempo anunciándoa. Uns condutores alégranse de poder aforrar uns cartos, pero moitos temen que a supresión da zona ORA deixe menos prazas de aparcadoiro e problemas de mobilidade na cidade.
Como onte foi festivo, hoxe é o primeiro día sen ORA en Ourense, co que xa se pode aparcar na zona azul sen pagar. É o que temen moitos condutores e comerciantes, que o centro da cidade se converta agora nun aparcadoiro de longa estancia.
Tras a supresión da zona ORA, unhas 750 prazas para aparcar no centro son xa de balde. Moita xente hoxe descoñecíao. Os parquímetros seguen, tamén as liñas azuis que marcaban os aparcadoiros de pago con límite de tempo.
Foi o propio alcalde de Ourense o que nas súas redes sociais comunicaba o 31 de decembro que se apagaban para sempre. A ordenanza reguladora de aparcadoiro levaba 30 anos funcionando en Ourense.