O Ministerio presentará este venres o informe do lobo ás comunidades autónomas
Será nunha comisión sectorial para abordar a situación real desta especie
Galicia e outras 12 comunidades xa pediran coñecer a letra pequena do documento
O Ministerio de Transición Ecolóxica presentará este venres o informe sobre a situación do lobo en España as comunidades autónomas. Galicia quere coñecer a letra pequena dese documento, que despois se enviará a Bruxelas e que determinará as posibilidades de caza desta especie.
Sara Aagesen, a vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, destacou en Vigo que "calquera medida que se tome sobre protección de especies debe ter en conta a cinecia, os datos. Este venres vai haber unha comisión sectorial onde imos presentar a todas as comunidades autónomas o plan sexenal do lobo, onde veremos cal é a situación en España e que se pode facer e que non se pode facer".