Publicador de contidos

Publicador de contidos

Avanza o proxecto para instalar en Burela a primeira planta de cría de salmón de Galicia

Avanza o proxecto para instalar en Burela a primeira planta de cría de salmón de Galicia

As obras comezarán a finais de ano e suporán un investimento de 80 millóns de euros

G24.gal 06/06/2025 14:16

Galicia vai contar coa primeira planta de cría de salmón atlántico. A iniciativa é dunha empresa norueguesa que lle presentou todos os detalles do proxecto á conselleira de Economía. O criadoiro situarase en Burela e suporá un investimento de 80 millóns de euros dos que a Xunta achegará arredor de 30 millóns. As obras comezarán a finais de ano.

"Comezar con esta planta de Burela para satisfacer as necesidades de salmón para o mercado de España e Portugal. Falamos coa empresa das oportunidades de seguir medrando en Galicia pola demanda crecente en toda Europa e pode haber novos investimentos", explica a conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade