Publicador de contidos

Publicador de contidos

Once persoas de varias nacionalidades fórmanse como peixeiros na confraría de Ferrol

Once persoas de varias nacionalidades fórmanse como peixeiros na confraría de Ferrol

Durante mes e medio acudirán a clases e logo pasarán por un período de prácticas

O grupo de alumnos, onde se mesturan varias nacionalidades, ve neste curso unha oportunidade para entrar no mercado laboral
G24.gal 05/05/2026 14:08

Elsa Rodríguez é a encargada da tenda da confraría de Ferrol, e durante mes e medio imparte as clases prácticas do curso de peixaría do programa de formación integrada promovido polo Concello de Ferrol para persoas desempregadas. Conta que este ano son 11 os alumnos dos que algúns teñen algo de experiencia pero para a maioría é o primeiro contacto co peixe e a súa manipulación.

O grupo, integrado por 10 mulleres e un home, é do máis cosmopolita, pero a todos os unen a ganas de aprender, como relata Isabel. Cubana de ascendencia galega que leva 10 meses en Galicia. Sempre traballou no sector da hostalería pero quería cambiar e ve na peixaría unha saida laboral.

Tamén Anis Rivero, unha venezolana que xa traballou nunha cebichería pero descoñecía moitas das especies coas que está traballando agora no curso.

Para o cubano Randol o peixe non lle é algo alleo. Na illa xa traballou e barcos de pesca e preparando peixe. Todo o contrario que a dominicana Ana María que leva 22 anos en España, traballou como peiteadora pero ve na peixería unha oportunidade de traballo en Ferrol.

Durante este período práctico tamén ensaian coa atención ao público na tenda da confraría. Logo pasarán un mes e medio de prácticas en empresas e, se hai sorte, pode que saian cun contrato baixo o brazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade