A Xunta aproba o trazado da variante de Carballo cun investimento de máis de 22 millóns
A nova vía permitirá conectar o polígono de Bértoa coa rede principal e evitará o paso de tráfico pesado polo centro
O Consello da Xunta deu luz verde este luns ao proxecto de trazado da variante de Carballo, unha actuación que contará cun investimento superior aos 22 millóns de euros e que busca mellorar as conexións co polígoo industrial da Bértoa.
A nnova infraestructura funcionará como unha variante polo sueste do núcleo urbano e permitirá canalizar os tráficos de medio e longo percorrido, reuducindo a circulación de vehículos pesados polo centro da vila.
Segundo informou o Goberno galego, a actuación inclúe unha estrada de novo trazado de 3,6 quilómetros dividida en dous treitos e con velocidade de proxecto de 80 quilómetros por hora. As conexións coa rede viaria realizaranse mediante glorietas.
A aprobación do trazado leva aparellada a declaración de utilidade pública da obra. O seguinte paso seráa a redacción do proxecto construtivo para avanzar cara á súa exclusión.
No mesmo Concello, a Xunta autorizou tamén a sinatura dun convenio co Concello da Bola para acometer a humanización da contorna de Santa Baia de Berredo e deu luz verde a un acordo con Concello do Porriño para mellorar a accesibilidade e a integración paisaxística do parque Alcalde Ordóñez.