Continúa consumíndose máis peixe na costa ca no interior? A maioría da xente pensa que si
Ata a chegada da refrixeración, nos lugares de interior o consumo de peixe limitábase ás salazóns e salmoiras
En tempos pasados, nos lugares de interior o consumo de peixe limitábase ás salazóns e salmoiras. Ou produtos secos coma o polbo ou o arenque. Os tempos mudaron e os produtos do mar chegan a calquera recuncho. Aínda así, é unha crenza estendida que no litoral se consome máis peixe ca no interior.
Galicia é unha das comunidades españolas con maior consumo de peixe. Aínda así, somos, en xeral, de carne. "Eu son de carne o peixe... a pegarlle un tiro".
Pero os gustos son individuais e cambiantes. "Penso que gusta mais a carne, pero tamén que cada hai mais xente que se apunta ao peixe".
Hai un século, o consumo de peixe nos lugares de interior era limitado e restrinxíase ao litoral. "Hoxe en dia xa non ten sentido. Todo ben refrixerado, quen compra peixe é porque lle apetece" comentan unha peixeira.
O mesmo opina un carniceiro da praza de Lugo. " Eso era antigamente. Hoxe en dia a xente poder comprar de todo con seguridade."
A chegada da refrixeración marcou a diferenza. No interior limitábase a salazóns, salmoiras ou produtos do mar sometidos a proceso de secado.
O consumo de peixe hoxe en día non ten por que ir ligado ao lugar de residencia. Opinións de todo tipo, pero séguese pensando que no interior predomina a carne. "Si se nota máis consumo na costa, pero imperceptible".
Peixe, carne, verduras ou legumes, o importante é manter unha dieta equilibarada.