A variante de Carballo reducirá o tráfico pesado no centro da localidade
A infraestrutura conta cun investimento de 22 millóns de euros
O Diario Oficial de Galicia publica este venres o trazado definitivo da vía
A conselleira de Planificación de Infraestruturas prevé licitar as obras a finais deste ano ou comezo do próximo
A estrada terá unha lonxitude de 3,6 quilómetros e funcionará como unha vía convencional en ambos sentidos. A Xunta investirá 22 millóns de euros nesta variante de Carballo, que dará unha saída directa ao polígono cara a Ordes e Santiago.
Tras a aprobación do trazado definitivo, publicada hoxe no DOG iniciarase o procedemento de adquisición das 132 parcelas necesarias.
"Melloraremos a seguridade viaria, a calidade de vida dos veciños e imos mellorar a competitividade económica non só de Carballo senón da comarca con esa conexión que temos co polígono. Agora xa non será necesario que os vehículos pesados pasen polo centro da vila", di María Martínez Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
Contará cun viaduto sobre o río Anllóns, dous pasos superiores e un inferior.
"É urxente porque xa se está tramitando a ampliación do polígono". "Os camións pasan por onde os colexios e era moi necesario", din dous representantes do polígono de Bértoa.
"Debe haber un cronograma claro que garantice que esta obra está rematada nun horizonte clave", di o alclalde Daniel Pérez.
A conselleira, Martinez Allegue, asegurou que os traballos do proxecto construtivo avanzan e deu prazos.
"Contamos que a final deste ano, senón a comezo do seguinte, poidamos estar licitando as obras", apunta a conselleira.