A sardiña comeza a gañar protagonismo nos mercados
A oferta deste peixe é abondosa e os prezos, estables
Moita clientela xa fixo os seus encargos para a noite do San Xoán
A conta atrás para o San Xoán xa se deixa sentir nos mercados, onde a sardiña comeza a gañar protagonismo.
"Hai moita e moi boa". "En sabor supérase...".
O prezo, polo momento, sen sorpresas.
"Vai en función do tamaño. A pequena a seis euros e a máis grande a oito euros".
A oferta é ampla e a súa calidade está sendo valorada positivamente pola clientela.
"Eu xa teño moitos encargos. Non queren quedar sen ela".
Con todo, as vendedoras confían en que para o San Xoán non haxa escaseza nin escalada de prezos.
"Vai haber cantidade. O prezo irá arranxado". "O ano pasado fora a 18-20 euros o quilo, porque era luns e non había moita".
Así, todo apunta a que a sardiña volverá ser o produto estrela da festa que combina tradición e gastronomía.