Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mondoñedo celebra a 46 edición da rapa da bestas do Campo do Oso

Mondoñedo celebra a 46 edición da rapa da bestas do Campo do Oso

No curro xuntaron arredor de 200 bestas procedentes dos montes de Santa María Maior

G24.gal 29/06/2025 14:44

Así baixaban as bestas de mañanciña polos montes de Santa Maria Maior, en Mondoñedo. Cara ao mediodía as mandas todas xa estaban no curro do Campo do Oso. Din que a baixada foi un pouco máis complicada ca de costume

" Dificultouse un pouco a baixada porque estamos estreando un curro novo, e aínda non están adaptadas a entrar aquí neste curro novo", explica Alba Recalde, presidenta da asociación cultural Rapa das Bestas Campo do Oso

Xuntaron arredor de 200 bestas. Unha vez que os aloitadores fixeron o seu traballo, non sen esforzo, comezaron os labores de limpeza e identificación dos animais.

"Cortámoslles as crinas para que no verán estean o máis libres posible e marcámolos para recoñecelos, marcámolos con nitróxeno. Agora non doe, como pasaba antigamente cando se facía a fogo quente", explica a presidenta da asociación cultural Rapa das Bestas Campo do Oso.

 

(Efe-Eliseo Trigo) (Efe-Eliseo Trigo)

Coma sempre, nas rapas uns traballan e outros gozan do espectáculo. Houbo moito publico chegado de toda a provincia de Lugo, e tamén moitos turistas.

"Veño de Lugo, e vin porque é un acontecemento moi especial do verán"

"Precioso, un tempo marabilloso, moi bonito, e ao rapaz encántalle os animais, un día perfecto"

"Somos de León, pero temos un apartamento en San Cosme, en Barreiros, e vimos que estaba isto aquí e decidimos achegarnos"

A rapa das bestas do Campo do Oso de Mondeñedo xa ten detrás de si 46 anos de historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade