Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un de cada tres autónomos di que non terá vacacións este verán

Un de cada tres autónomos di que non terá vacacións este verán

O 25% dos autónomos di que non descasará en todo o ano

O 12% asegura que levan máis de tres anos sen pechar por vacacións

Son os datos dun estudo realizado pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA)

G24.gal 29/06/2025 12:08

Un de cada tres autónomos asegura que non descansará este verán e o 25% está seguro de que non tomará nin un día de descanso ao longo de 2025, segundo datos da Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA).

Segundo a ATA, un 43,7% di que vai de vacacións no verán, un 11,4% que o fai, pero non no verán, e un 13,1% que vai coller uns días, pero aínda non sabe en que datas, mentres que o 6,2% aínda non sabe se pechará este verán para descansar.

En comparación ao ano anterior, este 2025 podería coller vacacións ata o 68,1% dos traballadores por conta propia, fronte ao 66,2% de 2024. Ademais, este ano incrementouse a indecisión, porque ata entre os que tendo a opción de "non o teño decidido" optaron por responder que "non saben" e pasaron a ser o 6,2% en 2025, fronte ao 1,8% de 2024.

O 12% dos enquisados afirman que levan máis de tres anos sen pechar por vacacións, un 4,5% dous anos ou máis e un 6,7% máis dun ano. Isto supón que un 23,2% dos autónomos non colleu nin sequera uns días de vacacións en ningunha época do ano desde hai máis de 365 días.

Ao preguntarlles aos autónomos sobre se de forma habitual descansan uns días en calquera época do ano, o 62,7% asegura que si e un 11,6% que nunca descansa.                                

Nove de cada dez non veranea por razóns económicas ou por xestión do negocio

O principal motivo para non coller vacacións no verán é porque non lles é posible por razóns económicas, como afirma a metade dos enquisados (50,4%) ao que hai que engadir que para o 37,5% é a propia xestión do negocio a que non llo permite.

É dicir, 9 de cada 10 autónomos que non veranea faino por motivos económicos ou de xestión directa do negocio, ao que poderiamos engadir que para un 1,7% que acaba de iniciar o seu negocio non lles é viable tampouco neste momento.

Un de cada dez, o 11,7%,  prefire coller vacacións noutra data e a facilidade de ser o seu propio xefe así llo permite. Non lles é viable economicamente ou teñen outros motivos un 13% dos autónomos. Ademais, máis do 70% destes autónomos que elixen outras datas céntranse no outono, 50,7%, ou o inverno, o 20,8%.

Para os que si gozan das vacacións no verán, o que prima é que baixa a súa actividade, di o 37,1%.

En hostalaría e turismo toman vacacións noutra época do ano

Polo tipo de actividade que desenvolven, no verán descansan en 2025 o 44,6% dos autónomos dedicados ao transporte, o 43,2% da construción, o 33,8% dos comerciantes, o 30,2% dos autónomos dedicados á agricultura e o 29,7% da industria.

Entre os que menos, o 25,4% da hostalería e un 10,2% dos que dependen do turismo. Estes últimos, toman vacacións noutra época do ano maioritariamente, un de cada dous, o 49%, así o manifestou.

Por sexos, case a metade, o 47,9%, das autónomas asegura que se irá de vacacións no verán fronte ao 40,7% dos homes, e son elas principalmente as que tamén deciden aprazar ese descanso a outras épocas do ano nas que baixe máis a súa actividade, o 14,2%.

Por zonas, os autónomos que desenvolven a súa actividade en zonas de costa, o 42% si pensaron en tomar uns días de lecer, fronte ao 46% dos considerados de interior.

Tres de cada dez autónomos de zonas de costa, o 28,3%,  asegura que non collerá vacacións no verán, ao que hai que engadir un 10,3% que non o ten decidido e un 13,3% que o fará noutra época do ano. En total son case un de cada dous autónomos das zonas de costa os que non descansarán no verán en España.

Dos autónomos que non descansan, o 26,7 % non ten empregados

Dos autónomos que non descansarán en todo o ano, o 23,5% ten traballadores e o 26,7% non ten. O 45 % dos autónomos enquisados afirma ter empregados ao seu cargo e o 42,7 % di non ter.

Un 14,2% que si ten traballadores afirma que se irá noutro momento do ano, fronte a tan só un 8% dos que non teñen.

As autónomas van máis de vacacións que os autónomos

Desta maneira, o perfil que máis asegurou que se irá de vacacións é o dunha autónoma, o 47,9%, dunha contorna urbana, o 51,5%, que vive no interior de España, o 46%, con traballadores, o 45%, e que non se dedica ao turismo.

O período medio das vacacións é de entre dúas e tres semanas, para o 65% dos autónomos que veranean, e un de cada dous, o 56,6%, o que fai é pechar completamente o seu negocio.

Ademais, un de cada catro vaise de vacacións porque ten traballadores que se poden facer cargo e un 16,2% compatibiliza vacacións con traballo, polo que nunca desconecta do todo.                                                            

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade