Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha camioneta da guerra de Corea participa na xuntanza de vehículos históricos de San Martiño de Rebordelo

Unha camioneta da guerra de Corea participa na xuntanza de vehículos históricos de San Martiño de Rebordelo

Na festa de verán da carballeira das Lagoas participaron uns corenta coches históricos, o máis antigo é un Dogdge M37 do ano 1951

Un coche considérase histórico cando ten máis de trinta anos desde a primeira matriculación

G24.gal 28/06/2025 20:50

A festa de verán da carballeira das Lagoas, en Cerdedo-Cotobade, non foi neste 2025 coma as anteriores. Arredor das mesas, pegados aos comensais, como se aquilo fora un museo baixo os carballos, xuntáronse uns corenta coches históricos. Festeiros e amantes dos vehículos clásicos nunha estampa que, din, repetirán a partir desta edición do evento.

A xuntanza dos vehículos antigos foi promovida pola Asociación San Martiño de Rebordelo. Sabedores de que os encontros de amantes dos coches históricos, os que teñen máis de trinta anos desde a primeira matriculación, non son moi comúns, quixeron darlle unha volta. A carballeira das Lagoas que acolle as mesas da comida campestre sería ao tempo un museo dos clásicos, unha ollada aos coches da nosa vida.

"Vén desa idea de manter as tradicións, de manter a familia, dos recordos familiares, de cando nos levaban no coche os nosos pais de pequenos. Onte mesmo indo por Carballedo dicíanme: 'eu teño un 600, que pena que eu maña non podo ir'. O tema dos clásicos está en auxe e hai moita afección en Galicia", conta a TVG Daniel Fariña, o presidente da Asociación San Martiño de Rebordelo.

Dos máis de corenta coches, o máis antigo é un Dogdge M37 do ano 1951. É o coche número catorce deste coleccionista de clásicos.  

 "Este coche estivo nunha base americana, era da USAF, nas Forzas Aéreas Norteamericanas, nunha base aérea en Seúl, no ano 1951. Este coche estivo en Corea, na guerra de Corea. Estás vivindo a historia da creación destes vehículos, iso está claro", relata Manuel Diz, un coleccionista que ten catorce coches históricos no seu garaxe.

Outra das xoias desta xuntanza de clásicos no Concello de Cerdedo-Cotobade é un Cîtroën Tiburón do ano 1957.

"E dos primeiros que fixeron cos faros redondos, entón dentro do que é o modelo Tiburón ten máis valor. No ano 1968 eu estaba de emigrante en Luxemburgo e comprei un coche como este. ¡O primeiro da miña vida!", engade Emilio González, o presidente dos Clásicos do Sar de Padrón.

Outra beleza deste museo de coches baixo unha carballeira é o Ford Capri 1600L, o Mustang dos pobres que o seu dono comprou cando era un emigrante galego por Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade