Publicador de contidos

Publicador de contidos

As mellores festas e festivais da fin de semana

As mellores festas e festivais da fin de semana

Esta fin de semana está marcada polo Resurrection Fest, pero tamén veñen as orquestras máis famosas

O San Xoán e o San Paio son outras das festas que chegan a fin de semana

Carlos Castro/Europa Press Carlos Castro/Europa Press
G24.gal 26/06/2025 10:07

Resurrection Fest: o día 25 comezou este destacado festival de música hardcore, metal, punk e rock. Este estenderase ata o sábado, sendo este o último día de actuacións no festival. Este é o principal atractivo tanto da zona de Lugo, pois se celebra en Viveiro, coma do norte de Galicia traendo as actuacións de bandas coma Slipknot. O venres as actuacións comezan dende as 15:00 horas e rematan ás 02:35, mentres que o sábado comeza á mesma hora e remata ás 03:00.

San Xoán Bautista en Carballo: as celebracións desta festa comezaron o día 19. Nestas, xa se levaron a cabo eventos coma o Festival Rockin', os concertos de Las Petunias, Ariel Rot ou The Limbos. Aínda con todo isto xa celebrado, as festas continuarán ata o día 29. Esta fin de semana. O venres terá lugar a misa solemne honrando a Nosa Señora do Perpetuo Socorro na Igrexa P. de San Xoán Bautista ás 20:30 horas.

V Torneo 3x3 Carballo hóckey a patíns: forma parte do san Xoán Bautista e terá lugar o día venres 27 no Pavillón Carballo Calero dende as 18:30 horas. 

Festa do Bosque: celébrase no Bosque do Añón, en Carballo, o día domingo 29. Conta cun amplo programa de actividades que durará o día enteiro. Vén seguido dun concurso de sobremesas e continuarán con Xogos populares ás 17:30 horas.

XXVII Mostra de Habaneras 2025: tamén en Carballo. O evento comeza ás 20:00 horas e nel participarán corais coma Coral Begoña de Xixón, Orfeón Herculino da Coruña, Coral P. Eumesa de Pontedeume ou Coral P. de Bergantiños.

VIII edición do Festival Internacional de Música Clásica (clasclás): este festival lévase a cabo en Vilagarcía de Arousa. O día 27 actúa Al Ayre Español, que recibiu o premio Nacional de Música 2004, no auditorio municipal ás 21:00 horas. O sábado será a Gala Lírica, en que actúan Miren Urbieta-Vega e a Orquestra Gaos, no mesmo lugar á mesma hora que a actuación do venres. 

San Paio na Estrada: festas patronais en honra a San Paio, que rematan o 30 de xuño. O día 27 farase un 3X3 de baloncesto, un concerto da Banda Municipal ás 13:00 horas e unha sesión vermú na hora seguinte e, pola noite, actuará El Combo Dominicano. O sábado 28 terá lugar a Festa da Bicicleta e, pola tarde, o V Festival de Música Tradicional da Estrada, finalizando cos concertos dos Herdeiros da Crus e a orquestra Gran Parada. Por último da fin de semana, o domingo 29 dará un concerto a banda GFace, terán lugar os fogos artificiais e pechará a orquestra Galilea.

San Xoán en Poio: o venres 27 terá lugar o Festival Fin de Curso da Escola de Acordeóns de Campelo. Tamén se fará unha festa infantil para a doazón de alimentos.

Festas de Santa Comba: o día 27 actúa a París de Noia xunto con Mega CDC. Logo, o sábado 28 terá lugar un pasarrúas coa Charanga os Celtas e pola noite, a actuación da Panorama City. Para rematar, o domingo 29 haberá unha misa en unha procesión en honra a San Pedro e unha sesión vermú con Costa Dorada.

Trueno: o cantante arxentino actuará o día 27 no Coliseum da Coruña na súa xira 'El último baile'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade