Publicador de contidos

Publicador de contidos

Condenan un home por abusos sexuais a unha muller con discapacidade intelectual

Condenan un home por abusos sexuais a unha muller con discapacidade intelectual

Segundo recolle a sentenza, o acusado forxou unha relación coa muller sendo plenamente coñecedor das limitacións que presentaba ela, e aproveitouse da súa situación de superioridade intelectual 

G24.gal 26/06/2025 10:36

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a tres anos e medio de cárcere un home por agredir sexualmente unha muller de Vigo con discapacidade intelectual.

As agresións producíronse entre febreiro de 2018 e xaneiro de 2019. Segundo recolle a sentenza, os dous coñecéranse en 2016, durante un curso para preparar oposicións para persoas con discapacidade intelectual. Entón a vítima tiña 28 anos. Durante máis dun ano, o acusado forxou unha relación coa muller sendo plenamente coñecedor das limitacións que presentaba ela, cun grao de discapacidade do 65 %.

A sentenza relata que o home se aproveitou da súa situación de superioridade intelectual e díxolle á vítima que podía axudala a quitarlle as malas auras que tiña para conseguir o mozo do que estaba namorada. Foi no que el chamaría rituais onde se producirían as agresións sexuais. Como consecuencia, a muller sufriu unha desestabilización da súa patoloxía.

O acusado ten recoñecida unha discapacidade do 97 % e padece un funcionamento intelectual límite, que mingua moi lixeiramente as súas facultades intelectivas en relación con estes feitos, segundo apunta a Audiencia. A sentenza non é firme e cabe recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade