Protección Civil notifica que mellora a evolución dos incendios e só queda un en Almería en nivel 1
O incendio forestal declarado o xoves en Lubrín (Almería) é o único que permanece en situación operativa 1 do Plan Infoca
Outros seis incendios permanecen en situación 2 en León

A directora xeral de Protección Civil e Emerxencias, Virginia Barcones, asegurou na na súa comparecencia tras a reunión do Comité Estatal de Coordinación (CECOD), que a peor vaga de lumes da historia de España está a chegar "á súa fin" cunha evolución que se viu favorecida polas condicións meteorolóxicas das últimas horas.
Con palabras de "esperanza e optimismo" se expresou este sábado a directora de Protección Civil e Emerxencias, Virginia Barcones. Explicou que este sábado hai sete focos de incendios activos, seis en situación operativa 2 en Castela e León e un en situación 1 en Lubrín (Almería). O sueste peninsular continúa en risco extremo de lumes.
O Goberno elevou a 393.000 as hectáreas queimadas este ano en toda España.