Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas enchen Ponteareas para contemplar a arte das súas alfombras

Milleiros de persoas enchen Ponteareas para contemplar a arte das súas alfombras

Teñen máis de 150 anos de antigüidade e son candidatas a Patrimonio Inmaterial da Humanidade 

G24.gal 22/06/2025 22:09 Última actualización 22/06/2025 22:24

Tras varios días e mais unha noite de intenso traballo, as rúas de Ponteareas luciron os seus tradicionais mantos de flores na honra ao Corpus Christi, unha tradición centenaria, a máis antiga da península Ibérica, e candidata a Patrimonio Inmaterial da Humanidade. 

En Ponteareas, foi unha noite de actividade intensa. Man a man, traballaron arreo para confeccionar as alfombras florais do Corpus, que lucían así esta maña.

Por estas alfombras desfilou pouco despois do mediodía a procesión do Corpus Christi. Están confeccionadas cunha gran variedade de plantas, como a hortensia, o mirto, a mimosa, o fiúncho ou a rosa.

Milleiros de persoas enchen Ponteareas esta fin de semana para ver as alfombras florais.

A tradición das alfombras florais do Corpus de Ponteareas ten máis de 150 anos de antigüidade e a festa está declarada de Interese Turístico Internacional. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade