Publicador de contidos

Publicador de contidos

O problema dos coches abandonados en aparcadoiros públicos

O problema dos coches abandonados en aparcadoiros públicos

En Concellos medianos, como o de Cangas, por exemplo, superan a vintena

Os veciños reclaman que se retiren, malia que non sempre é doado

G24.gal 04/06/2026 21:01

As teas de araña delatan a falta de uso destes de vehículos que nalgúns casos levan meses ou anos parados. Antes de retiralos, o concello trata de localizar aos donos para verificar que son vehículos abandonados. Moitos xa non contan nin coa ITV nin co seguro en vigor.

Algúns mesmo estiveron implicados en persecucións. A deputación de Pontevedra colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes para prestar o servizo de retirada a través dunha empresa externa. Nos últimos 5 anos recolleron máis de 300 vehículos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade