Publicador de contidos

Publicador de contidos

Activo un incendio forestal en Padrón iniciado tras arder un coche na AP-9

Activo un incendio forestal en Padrón iniciado tras arder un coche na AP-9

Todo apunta a que a orixe son as lapas que saltaron do vehículo incendiado ao monte

Medio Rural mobilizou dous axentes, cinco brigadas, cinco motobombas e un helicóptero

G24.gal 23/07/2026 18:13

 Un incendio forestal permanece activo en Padrón (A Coruña) desde as 14.57 horas da tarde deste xoves. Minutos antes, un coche ardeu na AP-9 ao seu paso por este municipio, nun lugar próximo ao do incendio que está activo.

O 112 Galicia recibiu o aviso por este accidente ás 14.40 horas. Entón, un dos ocupantes do coche chamou á central para alertar de que o turismo estaba a arder. Con todo, ninguén resultara ferido, indicou.

Ata alí acudiron o GES de Padrón, os Bombeiros de Boiro, a Garda Civil e a Policía Nacional. Efectivos desprazados indicaron á central de emerxencias que as lapas chegara ata unha masa forestal próxima. Tamén, despois,, unha patrulla policial engadiu que o lume pasara cara ao monte.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural confirmou a existencia dun incendio forestal. Ata o lugar mobilizou a dous axentes, cinco brigadas, cinco motobombas e un helicóptero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade