Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de devotos acoden a romaría dos Milagres de Saavedra en Begonte

Milleiros de devotos acoden a romaría dos Milagres de Saavedra en Begonte

Chegan ao santuario andando para honrar a Virxe, a que lle veñen agredecer a súa protección e a pedirlle sobre todo saúde

Os devotos non só chegan de toda a provincia de Lugo e da veciña da Coruña

G24.gal 24/05/2026 14:34

Cos amigos, coa familia, camiñan a paso lixeiro pola beira da estrada ata o santuario. Unha tradición a que non faltan cada 24 de maio.

 "Non falto nunca agás que esté enferma", conta unha muller.

Ao chegar ao santuario había que agardar ringleiras para acceder o interior. Ou para poñelo santo.

" A xente ven andando, merca unha candea ou un recordo e danlle tres voltas ao santuario", di Álvaro, da organización.

Un recorrido que antigamente se facía descalzo ou de xeonllos. Todo por devoción a Virxe dos Milagres.  

"Sobre todo que a xente lle quere moito a Virxe, logo por tradición, as avoas encomendan aos netos, a unha persoa que está enferma para que todo vaia ben", explica Óscar Férnandez, o párroco do santuario.

Veñen agradecer e pedir sobre todo. 

 "Saúde para todos", asegura un home

Moita xente nova que toma o relevo nesta tradición.

 "Antes viñan meus pais e agora tócanos a nós, facemolo por fé e esperamos seguir vindo moitos anos", di unha moza.

Unha romaria moi viva ainda q xa suma máis de dous seculos de historia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade