Publicador de contidos

Publicador de contidos

Brilos, pedrería e cores vivas: os segredos do vestiario das orquestras

Brilos, pedrería e cores vivas: os segredos do vestiario das orquestras

Os seus deseñadores buscan elaborar pezas rechamantes que reforcen a imaxe estética dos artistas

 

G24.gal 04/06/2026 20:55

Forma parte do espectáculo, contribuíndo a xerar a imaxe impactante e profesional que define a cada orquestra sobre o escenario. Falamos do vestiario.

"Creo que é parte fundamental do espectáculo igual cas luces, igual cas pantallas e igual co repertorio", asegura Gonzalo Bermúdez, que ten en Betanzos unha tenda de moda masculina.

Entre a súa clientela figuran ata vinte orquestras e grupos galegos. Amosa o traxe en cor celeste que visten neste momento os catro cantantes da orquestra Panorama e outro en cor crúa que conseguiu para a mesma orquestra e que emula o show de Bud Bunny na final da Super Bowl.

A súa misión é dar con aquilo que cada artista lle solicita.

"Aprendemos ata colocar camisas con velcros para que non teñan botóns, que todo sexa rápido e que todo sexa cómodo. Máis ben o que facemos nós é que somos conseguidores. Conseguimos aquilo que están buscando e que eles mesmos tunean logo", comenta. 

E cando non se consegue, hai que buscar alternativas.

"Non había traxe desa cor, nin parecido. Con dous traxes tivemos que facer un. Un labor das modistas. Aí se a alguén lle hai que baixar o sombreiro é ás modistas das orquestras", conclúe.

Porque o espectáculo debe continuar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade