Un incendio calcina por completo o tráiler-escenario da orquestra Solara
Os bombeiros conseguiron apagar o lume, que tamén afectou ao taller dunha nave lindeira
É o único tráiler co que contaba a orquestra, que xa tiña practicamente pechada a xira de actuacións para este verán
O incendio produciuse no interior dunha nave situada en Ponteareas, onde distintas orquestras gardan os camións, escenarios e distinto material. O lume orixinouse no camión-escenario da orquestra Solara, que quedou totalmente calcinado. Tamén se queimaron algúns instrumentos e altofalantes do grupo.
Á súa chegada, os servizos de emerxencia atopáronse cun lume virulento, e, aínda que conseguiron controlalo, non puideron impedir que afectara á nave colindante, un taller que tamén resultou afectado con distintos danos. A Garda Civil investiga a orixe do incendio.
É o único tráiler co que contaba a orquestra, que xa tiña practicamente pechada a xira de actuacións para este verán.