As bandas de música xa non son o que eran
Mudou a idade dos seus integrantes e sobre todo todo o seu repertorio
As escolas de música están facendo un gran traballo dende a infancia e iso nótase en calquera das súas actuacións
A súa profesionalización é máis que evidente
As bandas de música están presentes no cartel de calquera festa patronal. Pero, todas elas son moito máis que amenizadoras de eventos. Os escenarios quédanse pequenos e o seu repertorio actualízase cos tempos.
A media de idade dos músicos e das músicas tampouco é o que era. Os veteranos comparten escenario con máis mozos xerando un intercambo cultural e musical moi enriquecedor. As escolas de música son o berce de todos eles.
En grandes concertos xa podemos ver moitos grupos e compositores fusionando a súa música coa das bandas nun concerto único. A súa profesionalización, con estudos superiores, é cada vez máis habitual.
En Galicia a Federación Galega ten adscritas máis de cen bandas e supera xa os 7.000 músicos e músicas federados. O futuro é para todas elas máis que prometedor.