Vega, a app contra a violencia machista feita por dous policías vigueses
A app utiliza intelixencia artificial para alertar dos casos se que se utilice directamente
Todavía está na fase avanzada de probas piloto e ten catro creadores

A aplicación contra a violencia machista, Vega, que foi presentada o mércores na Zona Franca de Vigo, ofrece ás mulleres unha solución tecnolóxica deseñada para protexelas contra os casos de violencia machista.
Catro emprendedores David Calvo Estévez, Manuel Montenegro, Rubén Gardón y Jorge Fernández son os seus creadores. Dous deles son axentes da Policía Local de Vigo.
O obxectivo da app é reducir ao máximo o tempo de reacción policial, facilitar a obtención de probas e localizar ás vítimas.
Vega pode instalarse nos teléfonos móbiles e reloxos intelixentes sen deixar rastro visible. Estrutúrase nunha fase preventiva e noutra reactiva,.
Na primeira oferta asistencia informativa inmediata sobre os pasos a seguir nas diferentes situacións. Tamén ofrece comunicación discreta e directa coas autoridades.
A fase reactiva inclúe a activación automática ante situacións de risco, como cando a vítima sofre de inmobilidade tónica xerada polo medo extremo.
No caso dunha agresión, Vega abre o micrófono do dispositivo, envía un sinal GPS e grava en todo momento o entorno. Así envía información a unha Central Receptora de Alarmas (CRA), o que xenera un arquivo dixital que facilita a denuncia e pode conservar probas válidas.
A aplicación utiliza IA para identificar os patróns de risco na contorna da conversa, sen que a vítima teña que utilizar o dispositivo directamente.
Rubén Gardón, explicou que unha das principais vantaxes de Vega é que a vítima non ten porqué ter sufrido unha agresión con anterioridade e que actúa de maneira independente ao escoitar o que sucede no entorno.
Para él, a clave é a velocidade de resposta inmediata.
Ademais, os episodios de violencia machista e agresións sexuais soen producirse en ambientes cerrados ou lugares apartados, mentres que Vega permite avisar o momento á policía e localiza de maneira inmediata.
Hoxe, a aplicación encóntrase na fase de probas piloto e xa despertou o interese de institucións públicas, corpos de seguridade e entidades especializadas na atención ás vítimas.