Publicador de contidos

Publicador de contidos

Para viaxar con maior seguridade, cómpre realizar unha revisión completa do vehículo

Para viaxar con maior seguridade, cómpre realizar unha revisión completa do vehículo

Os expertos recomendan revisar o estado dos pneumáticos, freos, suspensión, luces, aceite, batería e climatizador

Mecánicos comproban o estado dun coche
Félix Aragunde Imaxe: Jose Lamas 25/06/2025 19:37

A escasos días da operación saída das vacacións de verán, a actividade é frenética nos talleres mecánicos. Co fin de viaxar en coche de forma segura, os expertos recomendan comprobar o estado dunha serie de elementos. Os pneumáticos, os freos e os amortecedores deben funcionar perfectamente, e cómpre ademais revisar os líquidos do motor, a batería, as luces e mesmo o aire acondicionado. 

"Moi importante, substituir o líquido de freos cada dous anos para evitar que se deteriore. Co estado das estradas, ultimamente estamos tendo problemas cos sistemas de suspensión. E logo líquido refrixerante, que ten que cumprir as súas especificacións. E, moi importante tamén, o climatizador", explica Roberto Lucas, xerente dun taller. 

Entre os meses de xullo e agosto prevense, en todo o ámbito estatal, arredor de cen millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada. De aí que moitos aproveiten as xornadas previas para revisar o estado do vehículo.

"Estes días estamos con xente que vén facer a revisión para irse de vacacións, e estamos saturados coa cantidade de traballo que temos", sinala Andrés Paludi, socio dun taller mecánico. 

Unha revisión integral do coche ten un custo medio duns 300 euros, que poden aforrar sobresaltos no momento e no lugar menos oportunos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade