Publicador de contidos

Publicador de contidos

As altas temperaturas animan a moitos bañistas a refrescarse nos areais

As altas temperaturas animan a moitos bañistas a refrescarse nos areais

No interior de Galicia, algunhas zonas superaron os 35 graos

A calor abafante durará ata o mércores

G24.gal 28/06/2025 20:58

Día de calor abafante en gran parte de Galicia, que nos deixou praias ateigadas de xente en lugares como Vigo. As temperaturas extremas afectaron principalmente ao interior da nosa comunidade e animaron a moitos bañistas a achegarse ata os areais. 

Na costa moitos puideron esquivar a vaga de calor entre baño e baño. 

"Vai moita calor, fai un día moi bo, hai moita xente, os nenos xa están todos moreniños e eu tamén", di un bañista

Hidratarse ben, poñer abundante protección solar, refrescarse a cada pouco na auga... son algúns dos consellos para soportar mellor as altas temperaturas, que superaron en varios puntos de Galicia os trinta e cinco graos. 

"Son de Leiro, vai máis calor alá, hoxe haberá uns 40 graos" 

"A auga está boísima, espectacular a verdade"

"Acabamos de chegar, vimos de Barcelona, aquí o tempo é espectacular", comentan outros bañistas.

Este domingo a situación vaise repetir con valores altos. As praias volverán ser para moitos o alivio á calor extrema. Prevese que as temperaturas volvan pouco a pouco á normalidade o mércores. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade