Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco días sen auga, en plena vaga de calor, nunha rúa de Lugo

Cinco días sen auga, en plena vaga de calor, nunha rúa de Lugo

As familias afectadas, con bebés e anciáns, van asearse ás casas de parentes e achegados

Billa sen subministración e baldes para a auga nun piso afectado
Félix Aragunde. Imaxe: Jorge Pereira. 20/06/2025 13:42

Un inferno en plena vaga de calor. Iso é o que están a vivir esta semana unhas quince familias da rúa Esquiu, no barrio lugués da Residencia, debido á falta de auga nas súas vivendas. Na madrugada do luns unha rotura deixounos sen servizo, e dende aquela teñen que recorrer ás casas de parentes e achegados para poder asearse. Entre os afectados, hai dende bebés a persoas de idade avanzada.

O corte de auga tratouse de resolver en varias ocasións, pero o problema persistiu debido á aparición de novas fugas. Segundo sinalan os veciños, a antigüidade das tubaxes favoreceu que rebentasen en varios puntos.

Coa incorporación dunha nova brigada por parte dunha empresa contratada polo Concello, agárdase que o servizo se restableza por completo esta fin de semana. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade